Monday 29 de April de 2024

Unha trintena de veciños e veciñas montaron o Belén de Cumes en San Xoán de Lousame


O Nacemento pode ser visitado na igrexa parroquial

Unha trintena de veciños e veciñas de Lousame participaron esta mañá no tradicional Belén de Cumes, que este ano tivo lugar en San Xoán de Lousame. O tempo acompañou, pese as previsións de choiva para esta mañá, e permitiu que tanto a camiñata entre Portobravo e San Xoán de Lousame como a chocolatada final se puideran celebrar sen ningún tipo de problemas.

A expedición partiu pasadas as 10:30 horas da praza Teodomiro Hidalgo (praza do Concello de Lousame), dende onde partiron cara Pastoriza e cara a Igrexa de San Xoán de Lousame, onde chegaron unha hora despois. Unha vez aló os veciños montaron o tradicional Belén no cruceiro de San Xoán de Lousame e acompañaron ao párroco ata a igrexa, onde deixaron o Nacemento diante da figura da Virxe. A festa rematou cun chocolate con churros que serviu aos presentes para entrar en calor e tamén para coller forzas para a camiñata de volta a Portobravo, ata completar así uns seis quilómetros.

O acto estivo presidido pola concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, quen agradeceu a participación de todos os presentes. O Belén de Cumes poderase visitar durante estas festas na Igrexa de San Xoán de Lousame.